Autores

Alexandre Nerium

1960, Fisterra

Poeta

Pseudónimo de Francisco Manuel López Martínez, Nerium traballa como guía no Museo da Pesca no Castelo de San Carlos desta localidade. Comezou a súa andaina poética no Batallón Literario da Costa da Morte. Foi galardoado cos premios de poesía Rosalía de Castro, Antón Zapata, Meigas e trasnos, Faustino Rei Romero, Manuel Orestes Rodríguez López, Anduriña Voandeira e co Johán Carballeira polo seu poemario Vogar de couse (2003). Ademais os seus textos poéticos foron recollidos en diversas antoloxías como De mar e vento, O mundo da pesca na literatura galega, Negra sombra. Intevención Poética contra a Marea Negra, Palavras de vento e de pedra ou VI Encontro Internacional de Poetas (Coímbra).


Imprimir



Libros de Alexandre Nerium

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |