Autores

An Alfaya

Outros:


Libros relacionados:

María de los Ángeles Alfaya Bernárdez

1964, Vigo

Autora de literatura infantil e xuvenil e narradora

An Alfaya conta con recoñecemento e abondosos premios no campo da narrativa infantil e xuvenil, entre eles o da Fundación Caixa Galicia 2007 pola súa novela Illa Soidade.

An Alfaya estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid. Co-fundadora do Teatro Avento de Vigo, obtivo diferentes premios de teatro infantil.


Ten publicadas as seguintes obras: O maquinista Antón (1995); O caderno azul (1996); ¡Sireno, Sireno! (1997), Premio Merlín 1997; A recortada (1999); Bua Bua Requetebua (1999); O baúl de Wensel (2000); A estrela volarina da torre colarina (2001); Down (2001); “A muller prohibida”, conto incluído en Historias para calquera lugar (2001), A encontadora (2003), O escuro (2003), A buguina namorada (2003); Desventura (2003); Unha xanela para Cecilia (2005); Matei un home (2005), accesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; Zoa e Azor (2006), finalista do Premio Ala Delta; Os seres con raíces na cara (2006); A sombra descalza (2006), Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005 e Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil; e Illa Soidade (2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.


Imprimir



Libros de An Alfaya na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |