
Trobador
Xunto con Joan de Cangas e Martin Codax, Meendinho representa a eclosión creativa que estoura en Galiza nun momento, o período trobadoresco, no que o galego-portugués agromaba interna e externamente coa consolidación do seu léxico primeiro.
Trátase dunha combinación de trinta palabras con paralelismo e leixaprén que presenta a unha muller á espera do seu amigo na illa de San Simón (á que na marea baixa chegou a pé e que pasado o tempo está cuberta de mar e encrespada polas ondas, ondas que fan que a amada presinta a súa morte como próxima).
Trátase dunha das composición poéticas medievais non só máis traducida, pois hai versións súas en arredor de trinta idiomas, citada ou escolmada, senón tamén nunha das máis que conta con máis versións musicais (Amancio Prada, Uxía... entre os seus moitos intérpretes...).
A Meendinho dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1998, xunto con outros dous trovadores medievais: Joan de Cangas e Martin Codax.