Concepción Blanco Blanco
1950, Lires
Pedagoga, mestra e escritora de literatura infantil e xuvenil.
Esta profesora de lingua galega combina o seu traballo como docente coa creación literaria. Publicou poesía, novela xuvenil e para adultos, unidades didácticas e traducións. O Premio Arume de poesía, O Facho ou o Premio Lecturas son algúns dos premios conseguidos polo seu labor literario; tamén resultou finalista dos prestixiosos Barco de Vapor, Lazarillo, Merlín e Frei Martín Sarmiento.
Imprimir