Bivir.com
Biblioteca Virtual da literatura universal en galego
Bivir.com, proxecto impulsado pola Asociación de Tratutores Galegos baixo a dirección de Xulián Maure, naceu como unha iniciativa pioneira á hora de colocar literatura universal en galego na rede. Aínda que nun primeiro momento comezou a súa andaina cunha escolma centrada na literatura europea do realismo e en autores clásicos da denominada literatura infantil e xuvenil pronto foi medrando e dando cabida a xéneros máis minoritarios e ampliou a súa oferta cara ao ámbito científico.
Conta cunha importante nómina de tradutores e tradutoras que na súa maioría pertencen ao mundo académico e a meirande parte das obras que ten catalogadas pódense descargar en formato texto ou ver directamente en liña.
Imprimir