Federación de Libreiros de Galicia

Federación de Libreiros de Galicia

FLG

Federación de Libreiros

A Federación de Libreiros de Galicia é unha asociación integrada polos libreiros con estabelecemento aberto no país cos obxectivos principais de fomentar as relacións profesionais e humanas entre os integrantes do sector, defender os seus intereses comúns e incrementar a actividade mercantil.

Encárgase da organización das feiras do libro que se realizan ao longo da primavera e do verán en distintas cidades e vilas de Galicia, e ten ademais entre os seus fins o estabelecemento de relacións con outros organismos e entidades para o fomento da acción libreira, a difusión do libro e, en xeral, a contribución ao obxectivo último do incremento da comunidade lectora.


Imprimir

Asociacións

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |