

Xosé Manuel Beiras Torrado é político e economista, figura sobranceira do nacionalismo galego, ensaísta e tradutor, e un dos personaxes públicos máis coñecido da Galicia contemporánea.

A súa escrita é cualificada de innovadora, debido á quebra de estruturas ficcionais clásicas, do discurso narrativo unitario, polas chiscadelas a todo o proceso literario, dende a creación á crítica. Dáse una sorte de hipertexto que desprega ou sortea, para atopar posteriormente, as voces dun eu múltiple. A experimentación é unha constante dende os seus inicios e crece ao longo da súa evolución.