Reportaxes

ESCRITOR E PROFESOR DE SECUNDARIA

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz
26-11-2006 O profesor coida que "hai que facer que o libro galego e o seu escritor sexan visíbeis".
Como autor, que valoración fas do Proxecto de Lei do libro?
Coido que é indiscutíbel e necesario porque a maior eiva do libro galego era a ausencia dunha lei. Formei parte da mesa do libro e dende ese momento víronse dous piares fundamentais. Por un lado o fomento da lectura como acción institucional que non pode quedar na superficie e que está moi ligada ás bibliotecas. Por outro lado, hai que facer que o libro galego sexa visíbel socialmente e tamén hai que facer máis visíbel ao/á escritor/a.

Ponse énfase na mellora das bibliotecas. É éste o camiño?
O eido bibliotecario, público e escolar, é prioritario. Hai algúns bos exemplos do que debe ser a biblioteca do centro pero, en xeral, as bibliotecas teñen que poñerse ao día. Deben converterse en entidades dinámicas, nas que se acceda tamén a internet, a un apartado de novidades editoriais verdadeiramente actualizado, etc.

No ensino, a mellor dotación técnica, de persoal e de fondos ha de ser efectiva?
Dende o departamento de Biliotecas Escolares que dirixe Cristina Novoa estase chegando a un sector, que está superando o ancoramento de centros en que as bibliotecas son meros almacéns. Os esforzos van por bo camiño, pero son só unhas pingas nun océano moito máis amplo. Teñen que achegarse boas ideas e boa vontade, e tamén recursos materiais e humanos.

Imprimir

Reportaxes:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |