BIBLIOTECARIA EN OLEIROS E MEMBRO DE ANABAD
María Luz Corral
24-11-2006
Considera que "é fundamental colaborar coa rede bibliotecaria e achegarlle novos soportes".
Que opinas da presenza das bibliotecas no Proxecto de Lei do libro? E a Lei de bibliotecas?
A Lei do libro incide en universalizar os hábitos lectores, promover a extensión social da lectura e o libro tratando por igual a edición en papel ou noutro soporte, reforzar o papel das bibliotecas como ben social. Unha vez aprobada, no prazo de seis meses a Xunta presentará no Parlamento un Plan de fomento da lectura. Sobre a Lei de bibliotecas sería fundamental incidir no aspecto de servizos público, gratuíto e igualitario.
Cal é o ámbito editorial de atención prioritaria na promoción do libro e a lectura?
É fundamental a colaboración coa rede bibliotecaria; máis recursos para a promoción do libro, ofertando ás bibliotecas públicas e escolares diferentes actividades: diversificar a produción editorial; abrirse a novos soportes da edición. E tamén identificar os grupos en desvantaxe social con respecto á lectura e deseñar programas específicos.
Cales son os puntos máis febles do sector? E as medidas máis urxentes?
As medidas serían a elaboración dun plan global de desenvolvemento bibliotecario que supere as carencias existentes. Artellar unha política bibliotecaria orzamentada para persoal, fondos, infraestruturas, equipamentos e programacións de promoción. A Administración debería prestar o apoio legal e orzamentario necesario.
Imprimir