PRESIDENTE DA AGE E DE RODEIRA-GRUPO EDEBÉ
Alfonso García Sanmartín

Alfonso García Sanmartín
24-11-2006
Asegura que se tomou "conciencia do problema, agora cómpre poñer os medios para cambios os hábitos".
No III Simposio O Libro e a Lectura falouse das biliotecas como sector estratéxico. Que opinas da súa presenza no Proxecto de Lei do libro?
Os profesionais vémolo, e tamén a propia LOE canto que lles afecta ás bibliotecas, como unha toma de conciencia global. Por iso a aposta da nova Lei é destacábel e, aínda que non vai traer a solución definitiva, porque ésta non vai chegar de súpeto, si é importante que se comecen a poñer os medios para superala.
A Lei de bibliotecas pensas que reflicte isto de maneira efectiva?
A nivel estatal quedou claro que se tomou conciencia do problema, pero agora cómpre poñer os medios para cambiar estes hábitos e non poden verse as bibliotecas só como un lugar de encontro cos libros senón que teñen que ser un lugar de acceso á sociedade do coñecemento. Cando falo de medios falo tamén de novos soportes; esa debe ser a resposta.
Cales seguen a ser as necesidades do sector editorial?
As melloras que quere introducir a nova Lei do libro pecaban, na opinión dalgúns profesionais, de proteccionismo administrativo. Pero na elaboración do Anteproxecto a participación das editoriais foi plena. Como toda lei é mellorábel e agora preocupa canto tardará en estar en funcionamento. Xa que é un proxecto que naceu co Partido Popular e que botou a andar co novo goberno, agardamos que os trámites sexan mínimos e o apoio máximo, para que o proceso sexa rápido.
Imprimir