A web Praza das Letras quere agrupar o coñecemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura. Procura ser a parte visíbel dunha estratexia no mundo real para potenciar, mediante a difusión de contidos, a industria editorial de noso.
Praza das Letras web é un proxecto concibido para conter e dinamizar o discurso literario, crítico e documental e como fornecedor dun espazo que integre isto coa industria editorial que lle dá soporte.
Botou a andar coa participación e co apoio expreso dos distintos colectivos implicados, desde escritores a traballadores da edición, nun momento favorábel e coincidente coas xuntanzas arredor da Mesa do Libro e co impulso que supuxeron a Lei do libro, o Plan de lectura ou o traballo para o Plan de bibliotecas.