Reportaxes

¡Silencio!

13-02-2007
A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
sentindo como loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
e rancores que matan.
Mollo na propia sangue e dura pruma
rompendo a vena inchada,
i escribo, escribo ¿para que? ¡Volvede
ó máis fondo da i-alma,
tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas lembranzas!
¡Qu'a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras e palabras!
¿Da idea a forma inmaculada e pura
donde quedou velada?

Imprimir

Relacións:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |