Reportaxes

A xusticia pola man

13-02-2007
[tres escollas]

Aqués que tén fama d'honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu'eu tiña:
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond'eu vivira;
sin lar; sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant'eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm'a vida,
fixéronm'un leito de toxos e silvas,
i ent anto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas durmían.

-Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum'a xusticia.
-Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu'estaba, bon Dios non m'oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño (ne'as herbas sentían)
ia lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con clama, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu'os ferira.

Imprimir

Relacións:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |