Reportaxes

OS POEMAS

Escolma compartida

Rosalía
10-02-2007 Pedímoslles a oito mulleres con dedicación ao ensino, mais tamén á investigación ou á creación, que elixisen catro poemas de Rosalía: Pilar Buela, Fina Casalderrey, Lupe Ces, María Cuquejo, Pilar García Negro, Mercedes Queixas e Marga do Val. Na escolla primouse a súa potencialidade didáctica, representatividade temática e forza rítmica. O seguinte poema e os que aparecen relacionados colléronse de Cantares gallegos (Edición de María Xesús Lama, Galaxia, Vigo, 1995) e de Follas novas (Edición de Henrique Monteagudo e Dolores Vilavedra, Galaxia, Vigo, 1993); e ademais destes poemas seleccionados as autoras tamén escolmaron: '¿Que pasa ao redor de min?', 'Airiños, airiños aires', 'Alborada', 'Tembra un neno no húmido pórtico', 'San Antonio Bendito', 'Decides qu'o matrimonio', 'Castellana de Castilla', 'Diredes destos versos, i é verdade', ¡Eu ben vin estar o moucho', 'Cantan os galos pró día', '¡Follas novas! risa dame', 'Amores cativos', 'Eva' e 'Estranxeira na súa patria'.
[cinco escollas]

'Negra sombra'

Cando pensos que te fuches,
negra sombra que m'asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino q'es ida,
no mesmo sol te m'amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o murmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m'abandonarás nunca,
sombra que sempre m'asombras.

Imprimir

Relacións:

Dosieres relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |