Reportaxes

RELACIÓNS PÚBLICAS DE XERAIS

Celia Torres

Celia Torres
04-04-2007
Cal é a situación da muller no mundo da edición?
Baixo o meu punto de vista, o sector da edición en Galicia é un reflexo da propia sociedade do traballo. O número de traballadoras vai crecendo pouco a pouco pero non así a súa presenza nos postos de máis responsabilidade ou entre os cadros directivos.

Houbo avances nos últimos tempos?
Si, mais non en relación ao número de mulleres que, cada ano, saen das distintas facultades perfectamente preparadas. É significativo que a presenza de mulleres en carreiras universitarias ou mestrados sexa tan alta e logo isto non se reflicta nas empresas.

Onde sitúa as eivas?
Na mentalidade da propia sociedade. Penso que está moi arraigada a idea de que, na muller, a maternidade e a familia son incompatíbeis coa profesionalidade, por non falar do mal que se leva que unha muller sexa a xefa dun home ou do estendidas que están outras ideas como "nunha parella é preferíbel que non traballe a muller a que sexa o home o que está no paro", "a nómina dos traballadores, no mesmo posto de traballo, é moitas veces superior á das traballadoras" ou "unha telefonista, un director".

Imprimir

Reportaxes:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |