DIRECTORA DO DIARIO CULTURAL
Ana Romaní
03-04-2007
Cal é a situación da muller no xornalismo?
A situación reflicte o que acontece noutros ámbitos do mundo laboral e na sociedade. Os medios expresan nas súas dinámicas as prácticas da sociedade. É certo que nas últimas décadas produciuse unha incorporación maior das profesionais aos medios de comunicación pero mantéñense as mensaxes, que non pasan do considerado correcto, os enfoques e as relacións de poder que marcan o devir social.
Existe discriminación machista?
Os medios de comunicación non están illados. Reproducen as tensións da sociedade e dos seus individuos.
Hai unha práctica xornalística específica da muller?
Hai exemplos de iniciativas levadas a cabo de medios de comunicación desde perspectivas feministas. Son practicas comunicativas e de información antixerárquicas que cuestionan desde algunhas convencións do código xornalístico até a propia linguaxe.
Pode contribuír o xornalismo á emancipación feminina?
Do meso xeito que calquera outra actividade. As transformacións opéranse en todos os territorios e en todos os niveis, desde o máis persoal ao colectivo.
Imprimir