Reportaxes

XERENTA DE EDITORIAL GALAXIA

Pilar Sampil

Pilar Sampil
03-04-2007
É habitual a presenza de mulleres en cargos de responsabilidade no mundo editorial?
A meirande parte dos altos cargos son homes. Se se analizan os consellos de administración aínda máis. Nos cargos medios penso que si abundan xa as mulleres.

Existe igualdade?
O sector editorial non é unha illa na sociedade. Pero no futuro isto irá cambiando, sobre todo porque as mulleres imos demostrando a nosa competencia. Os cambios presentados desde o ámbito lexislativo, como a Lei de igualdade, tamén axudan. Eu son optimista. Persoalmente, considérome con sorte. Editorial Galaxia é unha empresa progresista −xa o eran os fundadores− que confiou en min hai moitos anos, sendo daquela, ademais de muller, moi nova.

En relación a outros ámbitos laborais, como cualificaría a situación?
Paréceme que respecto doutros ámbitos a situación é mellor no sector editorial, supoño que porque de media hai unha maior conciencia social.

Imprimir

Reportaxes:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |