Lecturas temáticas

Textos teatrais

Gulliver F.M. (Radio Condena)
01-10-2007 Quico Cadaval actor, director, adpatador teatral e contacontos naceu en Ribeira, na Ría de Arousa, no ano catro a.m.m.m. (antes da morte de Marilyn Monroe) nunha taberna en que medrou. Na infancia conviviu con mariñeiros que extraían maxicamente bacallaus salgados do pantalón, quincalleiras que revelaban a berros a orixe da vida en canto devoraban carne asada e anciás que conseguían ouriñar de pé con precisión de cirurxiás.
Dirixiu espectáculos de teatro coa presenza de orfas de fillos, quincalleiras, viúvas de carpinteiro, traficantes de pipos, palilleiras macho, inmigrantes ilegais e xitanas vingativas. Escribiu pezas de teatro protagonizadas por traficantes mudos, deusas, piratas (sexo feminino), ociosos, aristócratas pintores, músicos ambulantes e vendedoras de amor ao pormenor.

Imprimir

Libros relacionados:

Entrevistas:

Libros seleccionados

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |