Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Seguramente foi unha lectura da escola, O primeiro libro con Malola de Xoán Babarro e Ana María Fernández.
E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Males de cabeza de Fran Alonso. Cando saíu traballaba nunha libraría, e aínda o sigo recomendando.
Que libro che gustaría ler en galego?
Algún de Clarice Lispector
Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Polo achegamento que fai á posguerra, Pucho, o habitador dos tellados, de Manuel Janeiro.
Que libro pensas que te ha de acompañar esta primavera que vén?
Gústanme moito os libros de relatos, así que será o de Antón Dobao, Incertos.
Que virá logo de Vidas post-it? De que outros libros o sentes próximo?
Aínda non está decidido; pensei en facer unha novela curta.
Penso que Vidas post-it pode estar cerca do poeta Kiko Neves cando escribiu Ruído de motos ou dalgunhas obras de Lupe Gómez, lembro agora Os teus dedos na miña braga con regra.