Le comigo

Filóloga, traduciu a Paul Celan ou W.G. Sebald

Catuxa López Pato

Catuxa López Pato
10-03-2008

Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
O elefante salvaxe, non lembro o/a autor/a

E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
O mencionado e tamén No ventre do silencio de Ferrín.

Que libro che gustaría ler en galego?
Effi Briest de Fontane e, aínda que bastante espeso, O Capital de Marx e Engels

Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Calquera cómic de Astérix e Obélix

Que libro pensas que te ha de acompañar esta primavera que vén?
O dereito á preguiza de Paul Lafargue

Celan, Sebald. Outro libro que che gustaría traducir?
De Walter Benjamin Para unha crítica da violencia.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |