Le comigo

Presidenta da Lonxa Literaria de Moaña

Soledad Ríos

Soledad Ríos
01-10-2007
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Os dous de sempre. Se non foi ese, seguro que foi un dos clásicos.

E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Gocei enormemente con Morte de rei, de Darío Xohán Cabana. Pareceume precioso O armiño dorme, de Neira Cruz. Con pólvora e magnolias é ineludíbel.

Que libro che gustaría ler en galego?
O Don Juan de Torrente Ballester. Pensei que me ía atopar con outro Tenorio e levei unha sorpresa.

Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
As flores radiactivas de Fernández Paz. Ademais, O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey. Para máis maiores, outra vez Fernández Paz, con Corredores de sombra, ou Francisco Castro, con Un bosque cheo de faias.

Que libro pensas que ha de acompañar a teu outono?
Apetéceme Benquerida catástrofe, de Teresa Moure. Hai unha ducia de libros aos que lles dou voltas, e sempre estou lendo o que comentaremos na Lonxa.

Hai algunha biblioteca que fose especialmente importante na túa formación como lectora?
A que me formou como lectora foi a do meu colexio. Con doce anos descubrina e lin a Enid Blyton, a Andersen...

Que libro será obxecto da vosa vindeira tertulia literaria?
Está previsto que veña Xesús Fraga. Cada persoa convidada propón a que virá para a seguinte. Pensamos tamén en Manuel Rivas, Suso de Toro ou Domingo Villar.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |