Poeta e contacontos
Celso Fernández Sanmartín
01-10-2007
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Non lembro o autor. Eran versos costumistas, coa versificación das coplas tradicionais.
E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Tamén de poesía, unha antoloxía de William Carlos Williams. Por el souben que a poesía era algo distinto, que se adaptaba máis ao que eu andaba a buscar.
Que libro che gustaría ler en galego?
Gustaríame que houbese unha tradución de El caballero inexistente, de Italo Calvino. E tamén dunha antoloxía que fixo el mesmo, os Cuentos populares italianos.
Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Thomas Winding gústame moito e del escollería Mi perro Mister. Tamén Grégoire Solotareff, que ten contos por estacións do ano.
Que libro pensas que ha de acompañar a teu outono?
Hei voltar sobre o Cántico cósmico, de Ernesto Cardenal, libro de cabeceira para min.
Hai algunha biblioteca que fose especialmente importante na túa formación como lector?
Da biblioteca de Lalín lin toda a poesía, que era sobre todo contemporánea. Outra, aquela na que conto contos: a Nova33.
Cal debera ser o libro de cabeceira de calquera contacontos?
Calquera de contos de tradición oral que estea ben feito, recollido da voz das persoas. Vou mencionar El pájaro que canta el bien y el mal de José Manuel de Prada Samper
Imprimir