Le comigo

Piragüista

Teresa Portela

Teresa Portela
04-05-2007
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Sei que na escola lera A sombra cazadora de Suso de Toro. Logo, O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas.

E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Non está en galego, pero titúlase ¿Quién se ha llevado mi queso? É moi fácil de ler e fala sobre como adaptarnos a un mundo en constante cambio.

Que libro che gustaría ler en galego?
O código Da Vinci, xa traducido, foi un libro que me enganchou moito e que me gustou.

Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Penso que os libros dos Bolechas son moi interesantes para que os cativos lean en galego e á vez coñezan diferentes vilas e cidades.

Que libro pensas que ha de acompañar a túa primavera?
La sombra del viento é un libro que teño desde hai tempo e aínda non lin.

Cal mercarías para o Día das Letras?
Algún libro en galego, pero aínda non decidín cal.

Do teu ámbito deportivo, escollerías algún título?
Piragüismo (I), do Comité Olímpico Español.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |