Deseñador gráfico
Fausto Isorna
05-05-2007
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Os dous de sempre, de Castelao.
E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Contos extraordinarios de Edgar Allan Poe.
Que libro che gustaría ler en galego?
Algún de ciencia ficción, porque significaría que se lle dá importancia a un xénero que segue a ser desprezado polas editoriais galegas fóra do mundo infantil ou xuvenil.
Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Eses que o tempo converte en clásicos.
Que libro pensas que che ha facer compaña esta primavera?
A biografía de Philip K. Dick.
Cal mercarías para o Día das Letras?
Deixareime levar polo momento.
Dos libros que levas deseñado ou ilustrado, con cal quedarías?
Con Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro.
Imprimir