Director xeral de Creación e Difusión Cultural
Luís Bará
05-12-2006
O primeiro libro galego que leu, e como?
Do que teño consciencia, a poesía de Rosalía de Castro nunha edición de Akal. Impresionoume sobre todo a poesía máis social e comprometida, foi toda unha descuberta do país e da idea de compromiso coa terra.
Un libro que o marcou?
Sempre en Galiza. Escollino como lectura en primeiro de BUP e aínda teño pendente un traballo sobre a obra que tiñamos que facer durante o curso.
Un libro que lle gustaría ler traducido en galego?
O ruido e a furia, de Faulkner. É un dos grandes da literatura universal e polo contido e o estilo penso que sería unha interesante achega ao galego como lingua literaria.
Un libro para nenos/mozos?
Para nenos, A cebra Camila. Para a mocidade, Morning Star.
Imprimir