Le comigo

Historiador e presidente do Consello da Cultura Galega

Ramón Villares

Ramón Villares
02-05-2006
Cal foi o primeiro libro galego que leches, e como?
Follas Novas, nun exemplar algo esfarrapado que había pola miña casa. Logo, con quince anos, lin algo de Cabanillas, e xa no PREU, Sempre en Galiza, de Castelao.

E un libro que o marcase?
Sempre en Galiza, e o Ensaio histórico de Ramón Otero Pedrayo, aínda que tamén Os camiños da vida.

Un libro que lle gustaría ver traducido en galego?
Memorias de ultratumba de Chateaubriand. Incluso se me ocorre como título Memorias de alén cova.

Un libro fundamental para mocidade e infancia?
Na miña época era determinante Memorias dun neno labrego.

E o libro que meterá na maleta este verán?
Pois seguramente algo de ensaio e biografía, pero de novela, pode que leve a de Anna Gavalda, que vén de levar o Premio Novela Europea, Xuntos e máis nada.

Cal foi, dos seus libros, o que máis lle gustou escribir?
Pois... A última Historia de Galicia, a do 2004.

Imprimir

Autores relacionados:

Libros relacionados:

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |