Le comigo

Tradutora

Eva Almazán

02-05-2006
Cal foi o primeiro libro en galego que liches, e como?
Foi O principiño, na tradución de Carlos Casares. Eu era cativa (tería uns 6 ou 7 anos), e o libro foi un agasallo.

E un libro que che marcase?
Non podo escoller un só: sempre me queda algo de todos cantos leo.

Que libro che gustaría ver traducido ao galego?
As afinidades electivas, de Goethe.

E cal pensas que é fundamental para nenos e mozos?
Todos os clásicos de aventuras: As aventuras de Tom Sawyer, A illa do tesouro, Viaxe ao centro da Terra… Imprescindíbeis.

Que libro meterás na maleta este verán?
Xuntos e máis nada, de Anna Gavalda, na tradución de María Dolores Torres París.

A última, xa específica: cal foi o libro que máis che gustou traducir?
O primeiro que traducín: o inédito Anne of Green Gables, de L. M. Montgomer

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |