Ilustrador e debuxante
Fran Bueno Capeáns
02-05-2006
Cal foi o primeiro libro galego que leches, e como?
Uff, algún que me mandaron na escola ou no instituto, non lembro ben.
E un libro que o marcase?
Sempre en Galiza.
Un libro que lle gustaría ver traducido en galego?
O señor dos aneis, de Tolkien, aínda que está moi ben traducido ao castelán, Orgullo e prexuízo, de Jane Austen... A Odisea de Homero penso que xa está.
Un libro fundamental para mocidade e infancia?
A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson.
E o libro que meterá na maleta este verán?
Agora estou co Neuromante, de William Gibson, a "biblia do ciberpunk". Lembra un pouco a Matrix...
Cal foi, dos libros que ilustrou, o que máis lle gustou?
Valen cómics? A serie "Os escachapedras", que saiu na revista Golfiño.
Imprimir