Comentarios literarios en 140 caracteres. Esta rede de lectores emprega a ferramenta Twitter para falar das súas lecturas en galego e recomendar literatura escrita no idioma do país.
Club de lectura de Compostela
Ao pouco da súa inauguración, a biblioteca Ánxel Casal contará con dúas modalidades para esta actividade de promoción da lectura: presencial e virtual.
Lonxa Literaria
Club pioneiro en Galicia, que desde 1999 é motor dun amplo abano de actividades de promoción da lectura no concello de Moaña: xuntanzas cos autores, certames, sesións de contacontos, recitais, obradoiros...
Clubs de lectura de Pontevedra
A Biblioteca Nodal e o Concello de Pontevedra fan posíbel, mediante este programa, a participación en cinco clubs de lectura a partir de novembro de 2007.
Literactúa
Programa para a difusión do libro e da lectura en galego do concello de Carballo. Os participantes elixen un libro cada mes e logo reciben o autor ou autora nun café ou taberna da localidade.
Club Virtual de Lectura da Coruña
Este club non precisa xuntarse nun lugar físico para falar de libros. O seu espazo blog é a súa particular sala de xuntanzas.
Clubs de lectura das bibliotecas municipais da Coruña
Hai catro clubs de lectura asociados ao sistema bibliotecario, cada un dos cales conta cunha bitácora que mantén o traballo cos libros alén das xuntanzas presenciais.
Lectores Galegos en Bos Aires
Castelao, Dieste, Blanco Amor, Seoane, Colmeiro e tantos outros xuntábanse ás tardes no bonaerense café Tortoni. Hoxe, este lugar acolle as xuntanzas deste club de lectura dedicado á literatura galega clásica e contemporánea.
Club de lectura Alecrín
Esta asociación ten un programa de tertulias literarias arredor de títulos extraídos da literatura feminina contemporánea. Cada mércores realiza lecturas colectivas do libro seleccionado.
Club de lectura de Cerdanyola del Vallès
Asociado ao Centro Galego desta localidade barcelonesa, o club mantén unha actividade estábel desde 2004 nun dos núcleos de emigración galega máis importantes da Península.
Lemos galego
Club de lectura en rede. Comentarios literarios en 140 caracteres. Esta rede de lectores emprega a ferramenta Twitter para falar das súas lecturas en galego e recomendar literatura escrita no idioma do país.