Suso de Toro
Escritor
O escritor compostelán mantén o blog Botella ao mar. Novela, teatro, literatura infantil e xuvenil, ensaio e artigos nos xornais dan conta da prolífica traxectoria do autor de Polaroid, Calzados Lola, Trece badaladas ou Home sen nome; moitas destas obras foron recoñecidas con premios dentro do panorama da literatura galega e da española: Premio da crítica de Galiza, Premio da Crítica Española e Premio Blanco Amor, entre outros.
Imprimir