Club de lectura Alecrín
O Grupo de Estudos sobre a Condición Da Muller Alecrín é unha asociación feminista sen ánimo de lucro, creada en 1985 e que traballa desde Vigo por promover a total incorporación das mulleres na sociedade e de eliminar os atrancos que limitan a súa plena integración. As tertulias literarias do seu club de lectura poñen o foco na literatura feminina galega e universal. Cada tertulia prepárase de antemán nas "Tardes de lectura", encontros semanais para a lectura colectiva do libro que abordará a vindeira tertulia. Os encontros celébranse os mércores no local de Alecrín.
En 2007, a asociación organizou catro tertulias. As xa celebradas achegáronse á obra completa de María Mariño e a títulos de Rosa Montero e Abha Dawesar. O 28 de novembro, Ana Bringas comentará Las cuatro mujeres que amé, de Tsitsi Dangarembga.
Imprimir