
Este coruñés traballou como guionista e redactor para diversos medios de comunicación. Durante cinco anos coordinou o colectivo Polaqia e mais a revista Barsowia. Dirixiu tamén os volumes colectivos H2Oil e Barsowia en Llamas, entre outros.
Algúns dos seus traballos monográficos en cómic máis destacados son: Freda, Dámsmitt e Pinche Mundo e, en prosa, o volume de relatos Longe, tão perto. No seu web encóntranse referencias a estes, así como mostras doutros traballos, artigos, ou obras descargábeis.
Poeta, dramaturgo e narrador