Lonxa Literaria

Lonxa Literaria

Lonxa Literaria
A Lonxa é unha asociación sen fins de lucro que persegue o fomento da literatura en calquera das súas expresións. Ao longo dos seus oito anos de idade, a asociación veu desenvolvendo as súas actividades iniciais e engadindo outras novas até se converter no axente indispensábel de promoción da lectura na zona de Moaña.

As tertulias literarias comezaron xa en 1999 e, desde os inicios, manteñen o mesmo modelo: cada mes e medio organízase un encontro co autor do libro elixido, coa particularidade de que é este mesmo creador convidado quen recomenda o título seguinte. Co tempo, ás tertulias de literatura para adultos sumáronse as de literatura infantil e xuvenil, que seguen o mesmo mecanismo. Desde que existe a Lonxa Literaria, medio cento de creadores e creadoras da nosa literatura visitaron Moaña.

Para implicar o maior número de persoas e atender todas as idades, os encontros da Lonxa teñen carácter itinerante: cada un ten lugar nunha localización diferente da anterior, sempre dentro do municipio de Moaña. Ademais das tertulias, a asociación desenvolve de forma estábel as seguintes actividades: “A hora do conto”, sesión mensual de contacontos para os cativos en dous centros de ensino do concello; “O conto viaxeiro”, conto que elaboran todos os colexios a partir da primeira páxina escrita por un escritor de literatura infantil e xuvenil; o certame de microrrelatos anual; e mais o recital anual de poesía. Alén diso, a Lonxa organiza tamén actividades puntuais como obradoiros de escrita, presentación de libros, homenaxes ou actos relacionados co Día das Letras.

Imprimir

  • Club de lectura de Compostela
    Ao pouco da súa inauguración, a biblioteca Ánxel Casal contará con dúas modalidades para esta actividade de promoción da lectura: presencial e virtual.
  • Lonxa Literaria
    Club pioneiro en Galicia, que desde 1999 é motor dun amplo abano de actividades de promoción da lectura no concello de Moaña: xuntanzas cos autores, certames, sesións de contacontos, recitais, obradoiros...
  • Clubs de lectura de Pontevedra
    A Biblioteca Nodal e o Concello de Pontevedra fan posíbel, mediante este programa, a participación en cinco clubs de lectura a partir de novembro de 2007.
  • Literactúa
    Programa para a difusión do libro e da lectura en galego do concello de Carballo. Os participantes elixen un libro cada mes e logo reciben o autor ou autora nun café ou taberna da localidade.
  • Club Virtual de Lectura da Coruña
    Este club non precisa xuntarse nun lugar físico para falar de libros. O seu espazo blog é a súa particular sala de xuntanzas.
  • Clubs de lectura das bibliotecas municipais da Coruña
    Hai catro clubs de lectura asociados ao sistema bibliotecario, cada un dos cales conta cunha bitácora que mantén o traballo cos libros alén das xuntanzas presenciais.
  • Lectores Galegos en Bos Aires
    Castelao, Dieste, Blanco Amor, Seoane, Colmeiro e tantos outros xuntábanse ás tardes no bonaerense café Tortoni. Hoxe, este lugar acolle as xuntanzas deste club de lectura dedicado á literatura galega clásica e contemporánea.
  • Club de lectura Alecrín
    Esta asociación ten un programa de tertulias literarias arredor de títulos extraídos da literatura feminina contemporánea. Cada mércores realiza lecturas colectivas do libro seleccionado.
  • Club de lectura de Cerdanyola del Vallès
    Asociado ao Centro Galego desta localidade barcelonesa, o club mantén unha actividade estábel desde 2004 nun dos núcleos de emigración galega máis importantes da Península.
  • Lemos galego
    Club de lectura en rede. Comentarios literarios en 140 caracteres. Esta rede de lectores emprega a ferramenta Twitter para falar das súas lecturas en galego e recomendar literatura escrita no idioma do país.

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |