Esta asociación nace para a defensa, promoción e difusión da edición de libros en lingua galega.
Ten como obxectivos fundamentais a elaboración de estratexias de cooperación intersectorial, aumentar a dotación pública do libro galego na rede bibliotecaria galega e a promoción do libro galego, a través da promoción ou participación diferentes campañas e eventos, como feiras do libro, simposios ou xornadas técnicas profesionais.
Son os responsábeis da organización do
Culturgal - Feira do Libro e da Industria Cultural de Galicia e da Noite da edición e dos premios anuais como o Ánxel Casal ao Libro do Ano, o Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano ou Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil ou xuvenil, ou o Isaac Díaz Pardo ao libro mellor ilustrado do ano, entre outros.