CRPIH
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Este centro fundado no ano 1993 co nome Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, ten como obxectivos fundamentais a promoción, desenvolvemento e difusión de programas de estudos lingüisticos, literarios e antropolóxicos en galego. Produce con carácter anual desde o ano 1995, o Informe de Literatura, no que se analiza a produción literaria e científica, así como todo o relacionado co Día das Letras, folletos de novidades editoriais e páxinas web.
Co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación o Centro Ramón Piñeiro incorpora ás súas liñas de estudo habituais - prosa e poesía medieval, recuperación e análise de publicacións literarias, estudos de fraseoloxía, Corpus documentale latinum gallaeciae ou o estudo de Castelao - investigación en proxectos de lingüística con aplicacións informáticas.
Imprimir