Clubs de lectura de Pontevedra

Os integrantes do club renúnense unha vez á semana, levan adiante actividades culturais complementarias á lectura e contan cun sitio web con material de soporte para entender e contextualizar a obra de que se trate, que empregan tamén para expor preguntas e compartir comentarios na experiencia da lectura colectiva.
Unha vez acabada a lectura o club xúntase nun chat, cunha duración aproximada dunha hora. Nos casos en que sexa posíbel, o autor ou a autora participará tamén na conversa.
Os bloques da selección de libros está integrado por narrativa galega clásica e contemporánea e narrativa universal clásica e contemporánea traducida ao galego.
Dúas das últimas actividades que veu organizando en 2008 este Club de Lectura corresponderon con cadanseu encontro literario co autor Diego Ameixeiras e a tradutora Eva Almazán. Co ourensán os membros do club falaron arredor da obra Tres segundos de memoria, nunha charla que se centrou no intercambio co autor das opinións sobre o libro e no descubrimento da inspiración e do proceso creador que viviu Ameixeiras con esta obra.
Con Eva Almazán o eixo do encontro foi Paul Auster e o seu Brooklyn Follies, obra que traduciu Almazán e que se centra na liberdade do ser humano para escoller o destino e na súa capacidade para xurdir logo dun fracaso.
Imprimir