Este ilustrador e autor vigués de banda deseñada é autor da serie
Harry Pórrez na revista infantil-xuvenil
Mister K con guións de Bernardo Vergara. Debuxou
Xen con guión de Kike Benlloch que se publicaría en dez entregas na mítica revista
Golfiño, e realizou o traballo de dirección de arte e deseño flash de
O misterio das sete pezas. No ano 2007 ilustra
As Crónicas de Gáidil, primeiro xogo de rol en galego.