AELG
Asociación de Escritores en Lingua Galega
No ano 1980 nace esta entidade que reúne hoxe en día a máis de 200 membros, e que no seu momento contou coa presenza de autores tan nomeados como Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste ou Avilés de Taramancos.
A asociación está aberta a autores en lingua galega, que teñan cando menos publicado un libro no idioma do país. Os seus obxectivos fundamentais son a promoción de autores galegos e das súas obras. Son os promotores da homenaxe anual "O escritor na súa terra" e convocan o Premio AELG, á mellor obra literaria do ano.
Imprimir