Existen dous tipos de dereitos de autor, os morais e os patrimoniais ou de explotación. Os dereitos patrimoniais ou de explotación facultan o autor para decidir sobre o uso da súa obra, que non se poderá levar a cabo sen a súa autorización, salvo en determinados casos previstos na vixente
Lei de propiedade intelectual española, que se coñecen como límites ou excepcións.
Estes dereitos de explotación, que se lles poden ceder a terceiros, son, segundo a Lei de propiedade intelectual: reproducción, distribución, comunicación pública e transformación. O autor cede estes dereitos á empresa editora a través dun contrato de edición do que se desprende o pago dos mesmos, esixido pola Lei española.
A Consellaría de Cultura tamén esixe a presentación deses contratos, así como de certificados de tiraxe para calquera tipo de compra ou axuda á produción editorial. A presentación de copias destes documentos tamén é requirida aos autores por parte de
CEDRO para optar aos repartos económicos que realiza anualmente esta entidade de xestión de dereitos.