Mercamos cultura?

Mercamos cultura?

O cambio de políticas de lectura é aínda recente e cómpre agardar para observar resultados. A sociedade lectora medra aos poucos, pero a cidadanía galega a penas gasta en libros e publicacións periódicas: só 60 euros por persoa e ano, dez euros menos que a media estatal. Mais é certo que a causa principal está na capacidade adquisitiva media da poboación galega, aínda mergullada nunha estrutura salarial anterior á implantación do euro. Os esforzos da administración no seu conxunto tamén deben ir encamiñados cara a unha conxuntura económica que favoreza o consumo de produtos culturais e de lecer.

En troques, hai outro dato que si convida ao optimismo: os galegos e galegas prefiren as librarías para mercar libros, nunha porcentaxe moito maior (58%) que a media estatal (33%). Boas noticias, ante todo, para o gremio libreiro, a outra póla principal da árbore empresarial do libro galego. Tamén hai certas garantías de estabilidade para o sector da impresión e as artes gráficas de Galicia, que neste tempo evoluíu ao abeiro das necesidades editoriais. E iso cando unha parte moi importante (o 20%) dos libros editados en galego se produce fóra de Galicia, sobre todo o libro de texto e a literatura infantil e xuvenil dos grupos estatais de edición multilingüe.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |