Pan con poesía
Poemas en papel de envolver
Esta iniciativa de Creación e Difusión Cultural, en colaboración coa Federación Galega de Panadarías, quere tirar o xénero dos soportes convencionais e achegalo ao público lector por medio dun elemento considerado de primeira necesidade dentro da alimentación.
Os cidadáns de 114 concellos elixidos puideron levar durante unha semana na súa bolsa do pan os versos de dez poetas galegas contemporáneas. Marilar Aleixandre na comarca de Compostela, Marica Campo na zona de Lugo, María do Carme Kruckenberg en Pontevedra, Pilar Pallarés por Ferrolterra, Chus Pato en Ourense e na terra do Deza, Luz Pozo Garza na Mariña, María Xosé Queizán no sur de Ourense, Xohana Torres en Vigo e na súa área de influencia, Eva Veiga na zona da Coruña e María Mariño son as autoras dos poemas que se puideron ler sobre papel de envolver.
Imprimir