A estradense Patricia Castelao forma parte do grupo de ilustradores
Baobab Estudio. Ten traballado no mundo da animación, para proxectos como
El sueño de una noche de San Juan,
DonkeyXote e
Planet One, e tamén ilustrou libros para diversas editoriais, entre outros:
Álvaro e Álvaro,
Armando Amigo,
Contos Prodixiosos I, Un bote de caramelos ou
Sí, poesía.