Catálogo dos fondos documentais, audiovisuais da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e de todos os servizos (préstamo a domicilio, formación de usuarios, solicitude de novas adquisicións...) que se ofrecen na Biblioteca Xeral, nas once bibliotecas de facultade ou escolas universitarias e nas catro bibliotecas intercentros nas que se estrutura. Inclúe a posibilidade de realizar buscas asistidas por palabras clave, materias, autores, títulos, ISBN...
Inclúe unha ferramenta que permite xestionar referencias bibliográficas en liña e que lle permiten ao usuario:
- Crear unha base de datos persoal para almacenar referencias importadas doutras bases de datos ou engadidas manualmente.
- Clasificar as referencias almacenadas creando carpetas temáticas, por asignatura, proxecto...
- Dar ás citas almacenadas o formato bibliográfico desexado