
As librarías da cidade son tamén sede de numerosas actividades durante a campaña. Acollen presentacións de libros, sesións de contacontos e encontros con autores e ilustradores. O día 26 de abril terá lugar unha “festa de contos e música”, aberta a toda a cidadanía, que se celebrará entre a galería Sargadelos e as prazas de Praterías e O Toural.
Velaquí a programación prevista:
· Sesións de contacontos, amenizadas con música tradicional e seguidas de visitas guiadas ás exposicións de libros e ilustracións na galería Sargadelos (segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro de Primaria).
· Obradoiros de ilustración e banda deseñada a cargo de Óscar Villán e David Pintor.
· Obradoiros de plástica e intervención artística a cargo de Óscar Villán e Marc Taeger.
· Concertos didácticos nas escolas a cargo do grupo Caldaloba e de Felisa Segade (Leilía).
· Charlas e conferencias para as familias: "Animar a ler na casa" (10 de abril na Escola Infantil de Conxo e 17 de abril na Escola Infantil das Fontiñas, ambas as dúas ás 19 horas); "Animar a ler desde a diversidade", con María Alonso, da Asociación Baión de Tratamento do Autismo (23 de abril, ás 18.30h, na galería Sargadelos); e "A luz e a sombra da palabra. Da oralidade á lectura", con Xabier P. Docampo (24 de abril, ás 18.30h, en Sargadelos).
· Sesións de contacontos: sempre ás 18.30h, na libraría San Pablo (3 de abril), Follas Novas (14 de abril), Couceiro (17 de abril), Aenea (21 de abril) e Aula 25 (28 de abril).
· Obradoiro de ilustración con David Pintor (12 de abril ás 12 horas na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia).
· Obradoiro de plástica creativa (23 de abril, ás 18.30h, na libraría Abraxas 2).· Clausura da campaña: festa de contos e música aberta a todo o público (26 de abril, ás 12.00h, na galería Sargadelos e nas prazas de Praterías e O Toural).