Fíxose coa oitava edición do certame polo seu traballo na obra Mary Prince, unha escrava das indias occidentais.
A tradución de María Reimóndez da obra inglesa Mary Prince, unha escrava das indias occidentais, escrita pola propia Mary Prince en 1831, fíxose merecedora do VIII premio Plácido Castro de tradución en lingua galega. O xurado considerou que se trata dun “texto fundamental na loita pola abolición da escravitude no mundo”, que na tradución de Reimóndez ve por primeira vez a luz nun idioma peninsular. O premio está dotado con 3 mil euros.
O xurado conceder un accésit a Rafael Salgueiro pola súa tradución dende o inglés de O libro da selva, de Rudyard Kipling, valorando a súa “calidade lingüística” e “o dominio do idioma amosado”. O xurado desta edición estivo composto por Xosé María Gómez Clemente (Asociación Galega de Profesionais da Tradución), Xosé Castro Rato (Fundación Prácido Castro), Xosé Luis Axeitos (Real Academia Galega), Ana Lúa (Universidade de Vigo) e Carlos Arias (Xunta de Galicia).
O acto de entrega do premio terá lugar en Vilagarcía de Arousa o próximo 17 de outubro, o mesmo día que se inaugurará na localidade pontevedresa unha rúa co nome do intelectual galeguista.