Premios



Susana Sánchez Aríns gaña o Pérez Parallé de poesía

07-11-2008

[De]construçom verá a luz en Espiral Maior logo da aparición dalgúns textos do blog da poeta.

O xurado da XXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé acordou por unanimidade outorgar o premio deste ano ao libro [De]construçom de Susana Sánchez Aríns.

A autora, nada no concello de Vilagarcía de Arousa, considérase estradense. Traballa como docente de Lingua Castelán e mantén desde o ano 2006 o blog dedoscomovermes, no que viron luz algúns dos poemas incluídos neste libro que sairá editado en Espiral Maior.

Os seus integrantes nesta ocasión, Valentina Carro Padín, gañadora da edición anterior, Alfredo Ferreiro, autor do libro que o xurado elixira daquela solicitar que se publicase e o poeta ceense Rafa Villar, autor que anda na ducia de poemarios e que recibiu recentemente o Premio Cidade de Ourense.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |