Chelo Suárez é a gañadora do Narrativas Quentes
01-04-2008

A escritora coruñesa obtén o galardón do premio de narrativa erótica coa novela "Os milagres de Cristamar".
O xurado lector determinou que a obra de Chelo Suárez Muíños era merecedora do IV Premio Narrativas Quentes que convoca Edicións Positivas. Os milagres de Cristamar, unha historia que se move de a cabalo entre o convento das Odiseas Descalzas e os baixos fondos da recoñecíbel vila de Cristamar, fará a terceira novela publicada da poeta e narradora coruñesa.
Até a data, Chelo Suárez publicou Flor de xiz (Primera Persona, 2003) e a recente A venus de cristal (Xerais, 2007). Proximamente sairá á rúa un poemario seu en Espiral Maior. Os milagres de Cristamar é a terceira novela premiada no Narrativas Quentes, xa que a anterior edición, en 2006, quedou deserta. Antes diso foran galardoadas O lobo da xente, de Alberte Momán, e mais Infidelicidades, de Manuel Lourenzo.
Imprimir
Comentarios (1)
#1 7/Xullo/2008 | María Antonia T.G. dixo:
Esa novela, Os milagres de Cristamar, que estamos esperando con tanto interese e moitísima curiosidade,dado que coñecemos as obras sorprendentes desta autora, para cando estará nas librarías?