Carlos Lema obtén o Johán Carballeira de poesía con "O xeito de Freud"
23-12-2007

Carlos Lema
Lois Pérez Leira e Mónica Lázaro levan o premio de xornalismo grazas ao artigo "A miña nai era a aia do Che Guevara".
O Concello de Bueu vén de divulgar o fallo do XI Premio de Poesía Johán Carballeira. Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, resultou vencedor coa obra O xeito de Freud. Transferencias da realidade. O xurado, composto por Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto, salientou a “solidez” do traballo e mais a “riqueza que estabelece no diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo”.
En canto ao fallo do Johan Carballeira de xornalismo, o artigo titulado "A miña nai era a aia do Che Guevara", da autoría de Lois Pérez Leira e Mónica Lázaro e publicado na web da CIG, foi o galardoado.
Ambos os premios, dotados con 1.500 euros, serán entregados o 29 de decembro ás 12.00 horas na Casa do Concello de Bueu.
Imprimir