Axenda



VII Premio Literario Carlos Casares

Liceo de Ourense
14:00
  • MAI 23

O Liceo de Ourense convoca a sétima edición do Premio Literario Carlos Casares na modalidade de microrrelato, para o que o prazo de presentación de orixinais remata o 23 de maio.

Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría cun máximo de tres. Os orixinais terán unha extensión máxima de mil cincocentos caracteres e teñen que presentarse por quintuplicado. Con cada obra, que deberá remitirse baixo lema, adxuntarase en sobre pechado o nome completo, o enderezo e o teléfono da persoa que concorre ao premio, así como o título definitivo da súa obra.

Haberá un único premio dunha contía de 1.500 euros. Se o xurado o considera oportuno podería outorgar un ou varios accésits, fixando para eles unha contía económica. Así mesmo, poderá declarar deserto o premio no caso de que non se presenten obras cun mínimo de calidade. O enderezo no que deberán depositarse ou enviarse os textos orixinais é o seguinte:

Secretaría do Liceo de Ourense
Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5
32005 Ourense

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |