Axenda



IV Premio de Banda Deseñada Castelao

Deputación da Coruña
14:00
  • MAI 31
Premio Castelao Premiará a mellor historia ou conxunto de historias con 6.500 euros mais publicación.
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten narracións en banda deseñada inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en galego, cun máximo de dous autores/as por obra (un como guionista e outro como debuxante).

Establécese un premio único dotado con 6.500 €. A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, mantendo o autor/a ou autores/as os dereitos para a posible edición da obra noutras linguas que non sexan a galega. Así mesmo, cos traballos orixinais formarase unha exposición de carácter itinerante.

A temática será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de maio de 2008 e deberán enviarse a:

“IV Premio de banda deseñada “Castelao”
Deputación da Coruña
Avda. Alférez Provisional, 2
15006 A Coruña

Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |